Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta Música Clásica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música Clásica. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de febreiro de 2014

A frauta máxica - Das klinget so herlich

Outra entrada adicada aos rapaces e rapazas de 4º. Neste vídeo podemos escoitar un fragmento da ópera de Mozart "A frauta máxica", onde o fermoso son do "carillón" calmará os ánimos dos atacantes...

A divertirse!!!


Ma mère l'oie - Pavana da Bela Dormente do Bosque

Maurice Ravel foi un compositor francés, autor de obras tan signficativas como o seu famoso "Bolero". Foi quen de inspirarse en cinco contos clásicos do escritor, tamén francés, Charles Perrault, para compoñer a obra "Ma mère l'oie" (Miña nai a gansa).



O fragmento que estamos traballando en 4º é o que podedes escoitar a continuación "Pavana da Bela Dormente do Bosque". A disfrutar....


luns, 7 de outubro de 2013

Pensées de W. Lutoslawski

A audición activa da primeira unidade de 4º de primaria é a que vos deixo no seguinte vídeo. Trátase dunha obra do compositor polaco W. Lutoslawski: Pensées (pensamentos) baseado nun poema do escritor francés Henri Michaux. Na parte que estudaremos, interveñen instrumentos da familia de vento e as voces humanas...

Outra de Mozart... Aria da Raíña da Noite da Frauta Máxica


A Frauta máxica é outra das óperas do grande Mozart. Foi estreada en Viena en 1791 baixo a dirección do propio Mozart. Neste vídeo unha das arias máis coñecidas desta obra e, tamén da ópera en xeral “Aria da Raíña da Noite”…


Bastián e Bastiana... unha ópera de Mozart


W.A. Mozart foi un grande compositor e pianista austríaco. A ópera foi un dos xéneros quecultivou. Compuxo ata 22 óperas: As vodas de Fígaro, A frauta Máxica, Cosi fan tutte, Don Giovanni…

Con só 12 anos de idade compuxo a súa primeira ópera: Bastián e Bastiana, un “singspiel” (tipo de ópera sinxela). Daquí o seguinte vídeo “Aria de Colás” onde este mago utilizando unhas máxicas palabras sen sentido canta un esconxuro para que Bastián e Bastiana logren namorarse…


Ópera - Coro de Ninfas do Orfeo de Claudio Monteverdi

En 5º estamos traballando o nacemento do Teatro Musical e, en concreto, a Ópera. Nas seguintes entradas publico unha serie de vídeos representativos deste grande xénero musical.

O primeiro é o Coro de Ninfas e Ritornello da ópera "L'Orfeo" de Claudio Monteverdi. Esta obra pode considerarse como a primeira ópera. Foi estreada en Mantua (Italia) en 1607. En España veríase por primeira vez no ano 1955 en Barcelona.

martes, 24 de setembro de 2013

Minueto en Sol Maior - J.S. Bach


Neste vídeo podemos escoitar o Minueto en Sol Maior de J.S. Bach (1685-1750). Esta canción é a primeira que os alumnos de 6º imos aprender este curso coa frauta. Ahora ben, non intentes acompañala xa que está noutra tonalidade...

Agardo que vos guste...