Etiquetas

martes, 22 de outubro de 2013

Musa dos Ventos

"Musa dos Ventos" é a seguinte canción que traballaremos en 5º. Tedes que practicar ben a parte de frauta para despois aprender o acompañamento cos instrumentos de percusión.

Ánimo...


Espigas de Oro al Viento

Nesta entrada publico o canto de ofertorio que cantaremos na Eucaristía de Cristo Rei, o vindeiro sábado día 23 de novembro. Aquí vola deixo para que practiquedes...


luns, 7 de outubro de 2013

Pensées de W. Lutoslawski

A audición activa da primeira unidade de 4º de primaria é a que vos deixo no seguinte vídeo. Trátase dunha obra do compositor polaco W. Lutoslawski: Pensées (pensamentos) baseado nun poema do escritor francés Henri Michaux. Na parte que estudaremos, interveñen instrumentos da familia de vento e as voces humanas...

Danzas do Mundo: "El Candil" Extremadura


En 6º imos preparar esta Danza popular de Extremadura "El Candil". No vídeo podemos ver os pasos que estamos ensaiando... e para os que queirades máis información sobre danzas do mundo, déixovos o enlace o fantástico blog http://danzasdelmundo.wordpress.com/

A bailar...

Outra de Mozart... Aria da Raíña da Noite da Frauta Máxica


A Frauta máxica é outra das óperas do grande Mozart. Foi estreada en Viena en 1791 baixo a dirección do propio Mozart. Neste vídeo unha das arias máis coñecidas desta obra e, tamén da ópera en xeral “Aria da Raíña da Noite”…


Bastián e Bastiana... unha ópera de Mozart


W.A. Mozart foi un grande compositor e pianista austríaco. A ópera foi un dos xéneros quecultivou. Compuxo ata 22 óperas: As vodas de Fígaro, A frauta Máxica, Cosi fan tutte, Don Giovanni…

Con só 12 anos de idade compuxo a súa primeira ópera: Bastián e Bastiana, un “singspiel” (tipo de ópera sinxela). Daquí o seguinte vídeo “Aria de Colás” onde este mago utilizando unhas máxicas palabras sen sentido canta un esconxuro para que Bastián e Bastiana logren namorarse…


Ópera - Coro de Ninfas do Orfeo de Claudio Monteverdi

En 5º estamos traballando o nacemento do Teatro Musical e, en concreto, a Ópera. Nas seguintes entradas publico unha serie de vídeos representativos deste grande xénero musical.

O primeiro é o Coro de Ninfas e Ritornello da ópera "L'Orfeo" de Claudio Monteverdi. Esta obra pode considerarse como a primeira ópera. Foi estreada en Mantua (Italia) en 1607. En España veríase por primeira vez no ano 1955 en Barcelona.