luns, 23 de setembro de 2013

Bruno Mars: Count on me

A petición de Clara de 5ºA publico a seguinte entrada. Esta fermosa canción do cantante Bruno Mars deixa unha preciosa mensaxe "Conta Comigo". A continuación, a letra traducida ao galego para que entendades toda a canción. Escoitádea e lede o texto...
Paga a pena!!!



Se algunha vez te atopas no medio do mar

Navegarei polo mundo para atoparte.

Se algunha vez te atopas perdido na escuridade e non podes ver

Vou a se-la luz que te guiará.

Saberemos do que estamos feitos

Cando sexamos chamados a axudar aos nosos amigos en necesidade.

Ti podes contar comigo como un, dous, tres

Vou a estar alí

E sei que cando o precise

Podo contar contigo como catro, tres, dous

E ti estarás alí.

Porque iso é o que se supón que fan os amigos.

Se estás dando voltas e estás xirando e simplemente non podes conciliar o sono

Vou a cantar unha canción ao teu lado.

E se algunha vez esqueces o moito que significas para min,

Tódolos días cho recordarei.
Saberemos do que estamos feitos

Cando sexamos chamados a axudar aos nosos amigos en necesidade.

Ti podes contar comigo como un, dous, tres

Vou a estar alí

E sei que cando o precise

Podo contar contigo como catro, tres, dous

E ti estarás alí.

2 comentarios:

  1. Gracias Felipe por poñer a canción que suxerin en el blog moitisimos bicos
    Clara 5°A

    ResponderEliminar
  2. Hola Felipe son Maria de 6A queria pediche que puxeras no blog a cancion seguinte:
    CUANTA MELANCOLIA de II DIVO esta en italiano pero e fermosa.
    GRAZAS E BICOS .
    Maria Alvarez . 6A.

    ResponderEliminar